Vilanova traballa no proxecto da escola de deportes náuticos

    gonzaloduran_100_170807__still_001.jpgVILANOVA > O Concello de Vilanova continúa perfilando a zona do Terrón, e tralo campo de fútbol e o centro de talasoterapia, …

    …ven de presenta-lo proxecto da escola de deportes náuticos. Terá unha superficie de 727 metros cadrados e custará case 200 mil euros.

    Agora o Concello terá que consegui-la autorización autonómica e a financiación para comeza-las obras, pero o alcalde insiste en que o Terrón é o lugar idóneo para esta escola, xa que no Esteiro se poden practicar deportes náuticos todo o ano. Gonzalo Durán presentou hoxe os primeiros bocetos dese gran centro de actividades que acollería un ximnasio, aulas, vestiarios e oficinas.

    O edificio, que medirá 4,3 metros de alto, terá un espazo libre entre os dous volumes principais que será o acceso principal. A fachada do espazo adicado a pañol será de madeira para que mimetice co entorno e o secundario de aceiro, moi resistente á corrosión, mentres que a cuberta será de aluminio gris e arredor terá xardíns e sendas peonís. Deste xeito vai quedando definida a zona do Terrón, onde xa quedan poucos servizos por definir.

    Aparcamento en Corón

    aparcamentocoron_300_170807__still_001.jpgPor outra banda o Concello de Vilanova e a Deputación de Pontevedra están acondicionando un terreo que servirá de aparcamento para o campo de fútbol. A finca, de 1.200 metros cadrados, foi visitada esta semana polo vicepresidente da Deputación José Juan Durán, e polo concelleiro de Corón Javier Tourís. A actuación consiste no acondicionamento do terreo. Primeiro procedeuse á limpeza e explanación e agora estase recubrindo de aglomerado quente para despois pinta-las 60 prazas. A obra inclúe tamén o acondicionamento dun vial que da acceso ó campo de fútbol e que discurre polo lateral do aparcamento, así como as correspondentes actuacións na rede de sumidoiros.

    A zona de estacionamento prestará servizo tanto a turismos como ós autobuses que despracen ós clubs de fútbol ou ós afeccionados que acudan a apoiar ós seus equipos. O seguinte paso será acondicionar o propio terreo de xogo. Deste xeito complétanse as actuacións que se están desenvolvendo en Corón, onde xa se remodelou o pavillón deportivo de San Roque ampliando servizos tanto no interior como no exterior do polideportivo.

    Redacción Salnés