O Balneario podería acoller unha escola de hostalería e turismo

    balneario100.jpgVILAGARCÍA> O balneario da praia Compostela podería acoller unha escola obradoiro de hostalería e turismo. A lo menos, esta é a intención do Goberno municipal.

    O Concello de Vilagarcía vén de presentar un proxecto na Consellería de Traballo para por en marcha este centro de formación, baixo o título a Xoubiña. O proxecto desta Escola Obradoiro orientouse cara a formación de profesionais cualificados nos eidos da hostalería e o turismo. O Concello destaca que que estes son dous sectores moi relevantes na economía da zona e que presentan importantes oportunidades de mellora e tamén para a creación de emprego. 

    Fomaríanse a 52 desempregados, mozos e mozas menores de 25 anos, en catro módulos: Camareiro, Cociña, Promoción turística local, e Asistencia en servizos básicos de aloxamento e edificios. O proxecto prevé a sinatura de convenios con entidades sociais e sen ánimo de lucro onde se farían as prácticas.

    O orzamento é de 1,3 millóns de euros e a súa execución depende da obtención da subvención que xa foi solicitada á Xunta. A previsión é que a resolución da Consellería de Traballo se produza a principios de outono, polo que, de concederse o financiamento, a Escola Obradoiro Xoubiña poríase en marcha no último trimestre do ano.

    Redacción Salnés