Sanxenxo degustará as súas tapas máis creativas, tradicionais e doces

    SANXENXO> Sanxenxo suma unha nova motivación para visitar a vila nos próximos días… dende o vindeiro 12 de maio e ata o 13 de xuño… todo aquel que queira poderá probar as tapas e os cócteles de numerosos locais da vila…

     

    Os mais festeiros teñen unha cita en Sanxenxo do 12 de maio ao 13 de Xuño, trátase da VII Edición do Degusta Tapas e a II do Degusta Drinks. Unha iniciativa gastronómica que espera promover a gastronomía da vila entre os habitantes e forasteiros de Sanxenxo. 

    Uns 36 locais e máis de 80 tapas repartidas en tres modalidades: tradicional, creativa e dulce… con unha novidade este ano… a tapa doce.

    Marisco, pescado, crepes, tostas… todo un manxar que se poderá degustar por tan só dous euros a tapa. Nesta edición súmanse dous locais máis, e 17 tapas con respecto ao ano pasado. 

    Tras degustalas todos, ou a lo menos as máximas posibles, tanto usuarios como un xurado elixiran as tres mellores tapas de cada categoría. Ademais nesta ocasión realizaranse dous talleres de tapas para nenos… “OS PEQUETAPAS”. Sen dúbida unha boa escusa para visitar Sanxenxo a pesar do mal tempo que nos acompaña estes días. 

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/06/sanxenxo_degusta_tapas_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/06/sanxenxo_degusta_tapas.mp4{/flowplayer}