![]()
SANXENXO > A agrupación de Veciños Independentes de Sanxenxo denuncia problemas no polígono de Nantes.
Trala paralización de varias naves hai unhas semanas, VIPS asegura que hai problemas para ver quen urbanizará o parque industrial.
Segundo a agrupación que lidera José Luis Rodríguez, o protocolo de convenio para establecer quen pagaría os accesos ó polígono de Nantes dende a autovía está sen asinar. Pero nese convenio indícase que a Consellería non pagará as obras, polo que sería o Concello quen debería facerse cargo, algo que non gusta ós independentes, que consideran inxusto que paguen os veciños os terreos duns empresarios que pensaron que xa estaba todo arranxado cando mercaron as súas parcelas cando non era así.
Por iso os independentes preguntaranlle á alcaldesa e ó concelleiro de urbanismo cando se asinará o convenio coa Xunta, quen pagará os accesos e cando comezarán as obras de conexión coa autovía que xa debían estar en plena execución.
Redacción Salnés









