Un ‘Mar de cine’ proxecta catro filmes na praza Alfredo Brañas

    cinecambados_200807.jpgCAMBADOS > ‘Mar de cine’, é o ciclo de cine na rúa que se inicia esta noite. O Concello proxectará na praza Alfredo Brañas …

    … catro películas que terán o mundo mariño como temática central. A primeira delas é Inmersión letal, hoxe ás dez da noite.

    O mar é o fío conductor do ciclo de cine na rúa que se desenvolve esta semana en Cambados. As proxeccións faranse ás dez da noite na Praza Alfredo Brañas e en caso de choiva trasladaranse ó Auditorio. O primeiro filme é Inmersión Letal , un thriller protagonizado por Jessica Alba. Mañá estará en cartel Life Aquatic, unha alegoría ó mundo de Jaques Custeau. O xoves haberá unha de animación, De Profundis, dirixida polo ilustrador galego Miguel Anxo Prado.

    O ciclo péchase este ano cunha selección das sete mellores curtas galegas deste ano, El escritor de destinos, Incomunicados, El Humanoide, Bichos raros, Temporada 92-93, Premio e Promesa. Para a vindeira edición o Concello prepara un concurso de curtas baseadas en Cambados para pechar este ciclo de cine.

    Redacción Salnés