VILAGARCÍA> Xa se pode visitar na Sala Rivas Briones de Vilagarcía ‘A Galicia inédita’. A mostra, impulsada pola Asociación de Xornalistas de Galicia, foi inaugurada este mediodía. A exposición recolle unha escolma de máis de 70 imaxes captadas por fotoxornalistas da prensa galega, entre eles, varios da zona de Arousa e Pontevedra.
Despois de percorrer as sete grandes cidades galegas e a Casa de Galicia en Madrid, ‘A Galicia inédita’ fai parada en Vilagarcía. Trátase dunha mostra composta por imaxes captadas por máis de 70 fotoxornalistas galegas, varios da nosa contorna.
A Asociación de Xornalistas de Galicia impulsa esta mostra.
E nesa liña, arroupando a posta de longo desta exposición, xornalistas como Alberto Avendaño.
O alcalde, que puxo en valor o traballo dos fotoxornalistas, en especial dos que a diario traballan na cidade, convidou á veciñanza a achegarse ata a ‘A Galicia inédita’.
A exposición pode visitarse na Sala Rivas Briones ata o 25 de maio.











