Os viños de Herdanza e La Val, medallas de ouro en Albarousa

    albarousa_premio100_210807.jpgVILAGARCÍA > Herdanza, en adegas artesáns, e La Val en barrica e tamén en grandes adegas foron as principais protagonistas …

    … no acto de clausura de Albarousa.

    albarousa_comida200_210807.jpgPreto de cen mil persoas e máis de 25 mil botellas de albariño, é o balance da 26 edición de Albarousa, a Mostra do Viño Albariño Artesanal de Vilagarcía. Nos últimos dez días, ademais de viño tamén se consumiron productos típicos galegos cociñados sobre pedra quente. Segundo a venda de tickets, o máis consumido na Peixería foi o atún, con 25 peixes cociñados que deron para preto de dúas mil racións. Ademais, degustáronse 1.200 costeletas de tenreira, 2.000 racións de chourizo ó albariño, 2.500 de polbo, e máis de 3.000 de pan. Cifras que dan unha idea do éxito que ten esta mostra.

    Onte celebrouse o acto de clausura cun xantar de irmandade cun menú especial para os adegueiros participantes, as autoridades locais, os membros da organización e un grupo de invitados. Albarousa clausurouse coa entrega de premios, que foron escollidos na cata final celebrada ó mediodía. O xurado tivo que decidirse entre os máis de medio cento de viños que se presentaron ó concurso.

    Herdanza, de Meaño, recibiu a medalla de ouro na modalidade de adegas artesáns. Veiga Naúm tivo a de prata e Uvas de Ouro a de bronce, que tamén recibiu o premio ó estuche mellor presentado. Este ano incluíuse como novidade o premio ó mellor viño de barrica que recaeu en La Val. Esta adega recibiu tamén a medalla de ouro na modalidade de grandes adegas. A prata foi nesta ocasión para Bouza do Rei e o bronce para Tomada de Castro. A organización entregou tamén o premio a Gran Cova pola botella máis decorativa.

    Redacción Salnés