VILAGARCÍA> Vilagarcía acudiu este domingo ás urnas, nunha xornada que se desenvolveu con tranquilidade e sen incidencias. Os diferentes partidos acudiron cos seus equipos a exercer o dereito ao voto e invitando a veciñanza a participar.
O alcalde da vila votou no colexio da Escardia. Alberto Varela afronta a xornada con ilusión por seguir na alcaldía por terceiro mandato consecutivo.
Para evitar a maioría do PSOE, enfronte haberá outros 5 partidos co mesmo obxectivo, un deles o PP.
Entre as outras forzas de esquerdas, as formacións agardan subir e ser chaves para o posible goberno.
Se ningún partido acada a maioría absoluta, os pactos están abertos sen descartar case ningunha opción.
O pleno do concello de Vilagarcía está formado por 21 edís, as formacións necesitan 11 concelleiros para acadar a maioría absoluta.