![]()
SANXENXO > Un estrano suceso alertou á Garda Civil que finalmente descartou que os ocupantes do coche foran autores tamén dun atraco.
A Policía Local de Sanxenxo e o Servizo de Xestión de Emerxencias acudiron esta madrugada ó lugar da Barrosa, na parroquia de Adina, onde se rexistrou
un accidente de tráfico. O sinistro tivo lugar arredor das 03.:50 horas e saldouse cun vehículo volcado tras chocar varias veces contra un talud.
O turismo, un Kia Cerato de cor gris, non ten seguro e está a nome dun veciño do lugar de iniciais R. R. G.. Os seus ocupantes déronse a fuga en nun principio pensouse que poderían se-los culpables dun atraco a un local de alterne que existe na zona, o Liberty. Sen embargo a mediodía confirmábase que non foi así e incluso fontes da investigación poñían en dúbida que se producira tal roubo, anque non se daban máis datos sobre o acontecido.
Todo fai pensar que os ocupantes do vehículo o abandoaron precisamente por non ter seguro ou polo estado no que se puidera atopa-lo conductor.
Redacción Salnés








