POIO > A festa do Mar de Combarro foi inaugurada esta mañá polo alcalde de Poio, Luciano Sobral. A Praza da Chousa é o lugar …
… onde se instalaron as carpas este ano por mor das obras do peirao deportivo e nelas acóllese a Feira de Mostras Mare e a tradicional Mostra Gastronómica.
Nesta edición como novidade hai unha exposición titulada ‘Patrimonio do Vento e do sal. Embarcacións tradicionais de Galicia’ coa que se difundirá a cultura marítima e fluvial galega a través de paneis nos que se poden ver aspectos relacionados coa vida marítima.
Na praza da Chousa tamén se pode visitar a Feira de Mostras que este ano conta con dezaseis postos adicados á pintura e á artesanía das Rías Baixas.
Nembargantes, a Mostra Gastronómica segue sendo o gran reclamo. Este ano cóntase con seis casetas nas que se venden todo tipos de productos do mar dende ameixas á mariñeira, vieiras, polbo e camaróns ate mexillóns e empanada. Todo a un prezo popular que vai dende os 12 euros da fritura de mar ate os 3,30 que pode custar unha vieira ou unha ración de empanada. Dende o concello agardan que nesta edición se supere a venda de racións de anos anteriores.
A festa do Mar de Combarro complétase con concertos gratuítos polas noites na explanada da Canteira; mañá tocarán Quatro D’Abril e El Sueño de Morfeo, o venres Alex Ubago e o sábado Marta Sánchez. A festa alongarase dende hoxe ate o domingo.
Redacción Salnés