O gordo da lotaría de nadal volve sorrir ao bar Hogar del Puerto de Combarro cun décimo premiado con 400 mil euros

POIO> O gordo da lotería achégase ao concello de Poio. Un décimo selado no bar Hogar del Puerto deixa en Combarro 400 mil euros. Esta é a segunda vez en catro anos que o establecemento reparte o máximo premio.

O sorteo da lotería non foi xeneroso coa comarca de Pontevedra pero aínda así deixou un premio gordo no concello de poio. No bar Hogar del Puerto de Combarro, un agraciado selou un décimo do 5490 premiado con 400 mil euros.

Esta non é a primeira vez que o establecemento reparte o gordo. Xa o fixera hai tan só catro anos repartindo moitos millóns entre a veciñanza de Combarro.

Precisamente, Laura Currás foi a que confiou na anterior vez nun número rematado en 7. Aínda que daquela atinou, esta vez non tiña tan boas esperanzas.

Dende o establecemento agardan agora que o décimo sexa propiedade dun veciño de Combarro.

Dende o bar Hogar del Puerto invitan á xente a que merque a lotaría no seu establecemento. Advirten que non hai dúas sen 3.