Os irmáns Paz navegarán xuntos para acadar o campionato do mundo de Platú

equipo_embarcacion_vilaga_100_220807__still_001.jpgVILAGARCÍA > O equipo que tripulará a embarcación ‘Vilagarcía’ no campionato do mundo de Platú está formado por cinco rapaces, …

entre eles os irmáns Carlos e Antón Paz. Carlos Paz será o patrón da embarcación ‘Vilagarcía’ no campionato do mundo de Platú que se celebrará dende o día 27 ó 31 deste mes en Alemaña. Con el estarán Esteban Gáñete, Ero Pons, Bernardo Paz e o seu irmán Antón Paz que viaxará dende China onde nestes momentos está competindo.

Os vilagarciáns bateranse cun total de 70 embarcacións das cales só 5 son españolas. Nembargantes dende o equipo agardan polo menos quedar entre os dez primeiros despois de proclamarse campións de España e Portugal e de quedar cuartos no mundial do ano pasado celebrado en Vigo.

A competición comezará o día 27 e alongarase ate o día 31. Cada día realizaranse dúas regatas de 1 hora cada unha. En total serán 10 as regatas que faga o Vilagarcía. Para evitar contratempos o equipo comezaba onte a viaxe ate o norte de Alemaña para poder adestrar durante os tres días anteriores ó campionato.

Redacción Salnés