Os hostaleiros de Vilagarcía, satisfeitos coa campaña de verán

VILAGARCÍA> A piques de despedi-lo verán, o sector hostaleiro de Vilagarcía fai balance do que deu de si a tempada estival. Falan dun bo verán, cunha gran afluencia de xente dende mediados de xullo e cun forte pico durante as Festas. Apuntan que o deste foi un verán ‘clásico’, despois de dous anos nos que os turistas se decantaron por visita-la cidade dun xeito escalonado, entre maio e setembro.

Co verán aínda resistíndose a marchar, dende o sector hostaleiro de Vilagarcía fan balance da tempada. Aseguran pechar un verán exitoso, cun bo volume de clientela.

Apuntan que este foi unha tempada estival das clásicas, é dicir, co aluvión turístico concentrado en pouco máis dun mes. Isto, que é o habitual en Vilagarcía, difire do vivido nos dous anos anteriores, cando a afluencia de xente foi máis escalonada entre maio e setembro.

Os datos dos bares e restaurantes deste verán difiren dos locais nocturnos. No colectivo de hostaleiros detectan que algo está cambiando. Onde os resultados non poden ser mellores é no sector hoteleiro. Seica na meirande parte do verán roldouse o 100%.

Agora, co outono a piques de aterrar, a vista está posta xa nas vindeiras pontes festivas: Defuntos e a Constitución, datas clásicas nas que o turista nacional escolle Vilagarcía para pasar uns días de descanso.