CAMBADOS> Unha Semana Santa con catas de viños. O Concello de Cambados busca dinamizar o Museo do Viño con esta actividade. Do 16 ó 21 de abril oito adegas participarán no ciclo.
O pasado xaneiro o concello de Cambados presentou o Plan Estratéxico de Enoturismo, dentro do cal se atopaban diferentes propostas como a de dinamizar o Museo do Viño. Con este obxectivo o goberno local organizará o Ciclo de Catas Comentadas na Semana Santa.
A idea desta cata xurdiu dunha proposta de Enoturismo Rías Baixas para poñer en valor o viño e ofrecer experiencias, non só ós turistas, se non tamén ós veciños do Salnés.
O ciclo de catas terá lugar do 16 ó 21 de abril e nel participarán 8 adegas do Salnés. Representantes das compañías vinícolas resaltan a importancia deste ciclo e presentaron algunhas novidades.
Dende o Concello resaltan que o que buscan ca cata é achegar o viño ó público en xeral e demostrar que non está destinado só aos expertos. A entrada é gratuíta pero requírese de inscrición previa que poderá levarse a cabo, a partir de mañá, na Oficina de Turismo de Cambados.