J. L. Castiñeiras: ‘Un Rianxo mellor é posible da man do Partido Popular’

RIANXO> José Luís Castiñeiras será o cabeza de lista do PP de Rianxo nas vindeiras municipais de maio.

Onte domingo tiña lugar a súa presentación oficial nun acto que se celebrou no auditorio municipal e que contou coa presenza, ademais de simpatizantes e militantes da formación a nivel local e comarcal, co secretario provincial do PP da Coruña, Evaristo Ben e a conselleira de Política Social, Fabiola García.

Castiñeiras, que se estrea en política, está convencido de que construír un Rianxo mellor é posible da man do Partido Popular.

Tres serán os principais piares no seu programa de goberno. Os maiores serán unha das súas prioridades, apostando pola construción do centro de día se os populares acadan a alcaldía.

Como segundo piar apuntou ós nenos, presente e futuro, de aí a súa a posta pola mellora dos centros educativos, e por último, un cambio de rumbo á xestión municipal, unha das principais eivas, segundo el, do bipartito nestes anos á fronte do Concello.

Aproveitouse tamén o acto de onte para dar a coñecer ás persoas que integrarán a lista coa que os populares concorrerán ás municipais de maio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí