O concello do Grove trata de delimitar e coñecer os terreos que lle pertencen

    besadaconvecinos_100_270807__still_001.jpgO GROVE > Os terreos que son propiedade do concello grovense non están moi claros. Isto é o que afirma o nacionalista Carlos Álvarez Besada. 

    O tenente alcalde do Grove está a manter reunións cos veciños que poden axudar a regularizar esta situación. Besada asegura que en materia de solo o concello estivo “deixado da man de Dios” nos últimos anos e recalcou que hai unha serie de terreos municipais dos que se descoñecen os lindes.

    besadaconvecinos300_270807.jpgCarlos Álvarez Besada criticou a mala xestión dos anteriores gobernos en materia de solo. Segundo o nacionalista hai moitos puntos escuros no que a esta materia se refire. Para buscar unha solución, Álvarez Besada organizou esta mañá a primeira reunión cos veciños.

    Asegura que falta documentación vital, como o catastro vello ou as escrituras de novos solos adquiridos supostamente por convenios ademais de planimetría ou expedentes urbanísticos. O tenente de alcalde recordou que “calqueira propietario ou empresa sabe perfectamente como e cales son os seus terreos, no Concello non” O nacionalista anunciou que a situación é peor do que pensaban e recalcou que con esta primeira reunión adiantouse bastante polo que considera esta iniciativa como unha “idea acertada”. Ademais o teniente de alcalde pediu a colaboración dos veciños e veciñas e non descartou emprender outro tipo de accións legais ante a falta de documentación na Casa Consistorial.

    Redacción Salnés