![]()
MEIS > Tarde de touros en Meis. O lugar de Zacande, na parroquia de San Vicente, volveu a repetir éxito na súa festa taurina…
… A praza portátil instalada nas inmediacións do campo de fútbol abarrotouse dun público entregado á diversión e ó espectáculo. No ruedo, catro vaquillas e un novillo, ademais de cabalos.
Os primeiros en saltar ó ruedo en Zacande foron os máis pequenos. Primeiro para participar nos xogos infantís organizados pola comisión. Pero xa a piques de empezar a festa, tamén tiveron oportunidade de capear ás vaquillas. Mentres, o público ía accedendo á praza portátil instalada nun monte cercano ó campo de fútbol, e con cabida para 2.400 persoas. E a pesares do día tormentoso que houbo onte, o público non defraudou e acabou abarrotando a praza. Entre eles, unha cara coñecida, o alcalde de Cambados, Xosé Manuel Cores Tourís, que mesmo colaborou nunha das exhibicións dos rexoneadores.
A capea de Zacande non é precisamente unha corrida en toda regra pero algún dos hastados que saltaron ó ruedo daban impresión e requiriron dun novilleiro para facerlle fronte. Nas gradas o público, peñas e banda incluída non pararon de animar en ningún momento. Para eles tamén chegou o momento de saltar á area e capear ás vaquillas. Algúns con máis sorte que outros, pero todos poden presumir de plantarlle cara a estes animais, pertencentes á gandería salmantina de Matías Carretero.
Entre eles destaca este espontáneo, que, a pesar do atuendo, demostrou boas dotes para isto do toureo, que ben lle mereceu ó final un trofeo da organización. Tamén se atreveu algunha rapaza, pero púidolle máis o medo e acabou cun revolcada na area. A xornada resultou todo un éxito polo que queda garantida a continuidade da festa.
Redacción Salnés








