O PPdG acusa ó goberno da Xunta de marxinar á comarca do Salnés

    Vilagarcía > Os alcaldes e presidentes locais do Partido Popular do Salnés reúnironse este sábado nunha rolda de prensa para aclarar os motivos que, según eles, demostran o abandono ó que o bipartito…

    … autonómico somete ós concellos da comarca.

    Ningunha obra nova en ningún dos nove concellos do Salnés para o 2008. Este foi un dos principais argumentos que os alcaldes e presidentes locais do Partido Popular esgrimiron o sábado nunha rolda de prensa na que denunciaron o que para eles é un caso de marxinación e abandono na comarca.

    Na rolda de prensa, na que interviron a diputada autonómica do PP de Vilagarcía, Marta Rodríguez, o alcalde de Cambados, José Manuel Cores Tourís, e os presidentes do PP en Ribadumia, en Vilagarcía, e no Grove – Martín Serantes, Tomás Fole e Miguel Pérez respectivamente — os populares denunciaron que o actual executivo non só non emprende novas actuacións, senón que tamén paraliza as que xa estaban comprometidas, como por exemplo a ampliación do Hospital Comarcal do Salnés. Entre as outras infraestructuras fundamentais das que os populares din que o bipartito se esqueceu , están a autovía Pontevedra-Vilagarcía, a eliminación do PAC de pediatría en Cambados, a falta de solucións para o enlace da autovía do Salnés coa autopista AP-9, ou a situación do asilo e a sengunda gardería de Vilagarcía.

    O PP de Galicia vai levar estas queixas ó parlamento nunha interpelación para esixirlle ó goberno autonómico que explique as causas desta situación de deixadez ,que segundo os populares, se ven producindo na comarca dende que o PSOE e o BNG chegasen á Xunta.

    Redacción Salnés