Touriño confirma que haberá partidas do Estado para ter o AVE en 2012

    ceapsoe_tourino100_280807.jpgCAMBADOS > Uns 200 militantes socialistas arrouparon onte á noite ó presidente da Xunta nunha cea celebrada en Cambados…

    … Pérez Touriño aproveitou para agradecerlles os esforzos dos comicios municipais e dar folgos para a vindeira cita electoral. Tamén falou dos presupostos do Estado e da polémica sobre o himno galego nas galescolas.

    ceapsoe_200_280807.jpgO presidente da Xunta confirmou en Cambados o compromiso do goberno central de dedicarlle a Galicia, de novo, o 8 por cento dos presupostos xerais do estado. E nestes investimentos, destacou que ‘haberá partidas para ter o AVE en 2012 como está comprometido’.

    O presidente da Xunta participou onte á noite nunha cea cuns 200 militantes socialistas de Arousa. Deste xeito dá por finalizadas as súas vacacións, despois de 20 días de descanso no Grove. Pérez Touriño estivo acompañado pola súa muller, e contou co respaldo dos conselleiros socialistas, da presidenta do Parlamento galego e de diversos deputados e alcaldes da comarca.

    ceapsoe200_280807.jpgComo secretario xeral do PSOE, Touriño agradeceulles os esforzos realizados durante a pasada campaña electoral e augurou os mellores resultados para as Xerais. ‘Sei que estamos todos preparados e con gañas de ser o primeiro partido en Galicia’, indicou.

    Pérez Touriño tamén interveu na polémica sobre o himno galego nas galescolas. O nacionalista e vicepresidente da Xunta Anxo Quintana advertiu que fará todo o posible para que os nenos menores de 3 anos aprendan os versos de Eduardo Pondal nas galescolas. En Cambados, o presidente da Xunta defendeu o himno como un símbolo que representa ó país e que une ós galegos e pediu responsabilidade para pórlle fin ó que cualificou de ‘falso problema’. Ademais, confirmou que en decembro viaxará a Cuba para conmemorar os cen anos do himno galego na Habana, onde se interpretou por primeira vez en 1907.

    Redacción Salnés