VI Trofeo de Baile Deportivo en Ribadumia

RIBADUMIA> Ribadumia prepárase para bailar. O pavillón da Senra acollerá o domingo o VI trofeo de Baile Deportivo. Á cita asistirán máis de 300 bailaríns chegados de toda España e Portugal.

O concello de Ribadumia presume de saber bailar. Isto grazas a compañía de baile BTroula ca que colaboran dende hai 5 anos para organizar un campionato de baile que crece en cada edición. Máis de 1000 persoas viaxarán a vila para asistir ó campionato.

Máis de 300 bailaríns daranse cita o domingo neste sexto (VI) trofeo de Baile Deportivo. O campionato está divido en tres probas diferentes: Unha de ranking nacional da Federación Española de Baile; unha Open, na que poden participar bailaríns doutros países e o máis destacado o Campionato Galego de Bailes Caribeños.

Ademais dos bailes en parella haberá moitas máis modalidades de baile e para todas as idades, o participante máis novo ten 3 anos e os máis maiores superan os 65.

O torneo comezará as nove e media da mañá e rematará as nove da noite. 12 horas sen parar de bailar