A Xunta investirá máis de 70 millóns de euros en sanear a Ría de Arousa

    consellerias_cambados_copia100.jpgCAMBADOS> Levarase a cabo ata o 2014, para mellorar as zonas de marisqueo da ría de Arousa. Os conselleiros de Medio Ambiente e Mar, presentaron o sábado, as 13 actuacións que se van levar a cabo nesta zona.

    {flowplayer}images/salnes/CONFRARIA_CAMBADOS_SANEAMENTO.flv{/flowplayer}

    O obxectivo destas obras, é mellorar a clasificación das zonas de marisqueo, e eliminar puntos de vertido detectados. No caso concreto da ría de Arousa, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, proxecta levar a cabo nos vindeiros exercicios, un total de 13 actuacións en materia de saneamento, das que 5 xa están en execución, e as 8 restantes en fases de tramitación.

    Estas actuacións, céntranse nas melloras dos colectores xerais e nas estacións depuradoras de augas residuais, así como melloras de abastecemento e saneamento. Neste proxecto, están preparadas actuacións no polígono do Saco de Fefiñáns.

    A conselleira de Mar salientou a importancia deste plan de saneamento e da relevancia que ten a coordinación entre as consellerías.

    O patrón maior, Benito González, asegurou que está moi satisfeito con este proxecto e sinalou, que é necesario manter a ría que tanto representa para o sector.

    Redacción Salnés