![]()
SALNÉS> Así se pronunciou o Xerente do Consorcio Provincial de Bombeiros, Juan José González, despois de tomar posesión fai varios días.
{flowplayer}images/salnes/ENTREVISTA_XTE_CONSORCIO_BOMBEIROS.flv{/flowplayer}
Fai uns días, o xerente do parque de Bombeiros do Salnés, o popular Juan José González, tomou posesión do seu cargo coma Xerente do Consorcio Provincial de Bombeiros que aglutina, ademais do do Salnés, o Baixo Miño e o Morrazo. Esta mañá mantivemos un encontro con el para ver como afronta esta nova etapa.
Coma un reto persoal e con moitas gañas afronta o illense Juan José González, o seu novo cargo coma xerente do Consorcio Provincial de Bombeiros. Un posto perfectamente compatible, dixo, coa súa condición de voceiro e líder do PP da vila. O seu obxectivo a medio prazo é que a eficiencia do servizo siga mellorando.
A única diferenza que se vai a producir entre os tres parques da provincia é que ó estar xestionados conxuntamente se vai ampliar o seu ámbito de cobertura. Polo demais, explicounos González, só vai ser necesario redactar un novo prego de condicións para adxudicala concesión.
Aínda que a adxudicataria terá a última palabra, coma ben dicía o xerente, a solución ás deficiencias do servizo non pasan por reducir persoal, senón por incrementalo.
Redacción Salnés







