Máxima alerta polo nivel da alga ‘microcistina’ no río Umia

    augacaldas_100_300807.jpgSALNÉS > De novo a alga microcistina está a complicarlle o verán ós concellos que se suministran destas augas no seu tramo final.

    Tal como se pode comprobar na web que ten en marcha a Consellería de Medio Ambiente, http://medioambiente.xunta.es, a situación do Umia vaise complicando. Ponte Baión sumouse onte ás zonas que están en alerta dous, a máxima establecida pola Xunta no protocolo de seguemento da calidade da auga.

    Neste nivel laranxa levan todo o mes o encoro da Baxe e a captación de Segade, en Caldas. Despois uníronse outros dous puntos do cauce: Rabuñade e Ponte Arnelas, e agora é Ponte Baión, que dende onte, 29 de agosto, está tamén en alerta máxima. A presenza da alga débese á contaminación do encoro e tamén ó aumento da temperatura da auga e das horas de luz.

    As consecuencias van dende irritacións na pel ata problemas gastrointestinais e enfermidades hepáticas. Anque o nivel de alerta fai que se extremen as precaucións e aumenten os controis, a auga de abastecemento segue sendo potable tanto en Caldas como no Salnés.

    Redacción Salnés