RIBEIRA> Nace na ría de Arousa unha nova regata. Celebrarase os días quince e dezaseis de setembro, con saída dende o Náutico de Ribeira. A organización agarda contar cunha vintena de embarcacións participantes. A colaboración entre varias empresas locais, unidades en torno á firma ITH Publicidade, tivo como resultado o nacemento dunha nova regata apadriñada polo Club Náutico de Ribeira. Celebrarase en dúas xornadas; o sábado 15 con saída ás dúas da tarde e o domingo a partir das doce. Disputarán as probas en itinerarios variables en función das condicións meteorolóxicas. Ademais dun percorrido barlovento sotavento de seis millas, haberá tres en dirección sur, entre oito e doce millas, e outros tantos cara o interior da ría que oscilan entre as nove e as trece millas. Ó remate das regatas, tan o sábado como o domingo, desenvolverase un salón náutico na punta do dique de abrigo, coa participación de empresas navais e de automoción. O gañador da clasificación xeral recibirá un premio en metálico de mil euros.
Inicio BARBANZA