Atapuerca e o Antigo Exipto centrarán os XII Encontros Arqueolóxicos

BOIRO> Xa está aberto o prazo para inscribirse no XII Encontro Arqueolóxico do BArbanza que se celebrará entre o doce e o trece de maio na Casa da Cultura de Boiro. Trátase de xornadas divulgativas, non dirixidas únicamente a expertos, senón á cidadanía en xeral, na que se abordarán temas tan atractivos como Atapuerca ou o antigo Exipto. Destaca a calidade dos participantes, con destacados expertos de gran prestixio internacional, como Eduald Carbonell Roura, distinguido co premio Príncipe de Asturias, ou Alison Sheridan, conservadora do Museo Nacional de Escocia. Dende a organización agardan superar o número de participantes da pasada edición que superou os trescentos. Os interesados en asistir poden consultar toda a información a través da web centroarqueoloxicodobarbanza.org.