![]()
PONTEVEDRA > A zona do Burgo, en Pontevedra, continúa dando sorpresas. As excavacións están dando datos importantes da historia local.
Moitos dos que este verán desfrutaron das rúas pontevedresas, puideron ver xa os traballos que se están facendo na zona do Burgo, onde se están atopando mostras importantísimas da historia da cidade. Ata a data, os técnicos que participan nas excavacións localizaron xa 30.000 fragmentos, anque hai tamén achádegos de gran volume que quedarán á vista no museo efímero.
Entre as mostras de cerámica atopadas, hainas de China, Alemania, Francia, Inglaterra ou Portugal, ademais das procedentes de diversos puntos do noso país, como a cerámica de Buño e a de Sargadelos. Estes achádegos son posibles grazas a que no século XV, Pontevedra era o porto máis importante de Galicia e no XVI a burguesía da cidade consideraba a posesión de louza doutros lugares como un elemento de prestixio. Pero ademais de cerámica, entre os fragmentos, atopáronse pezas de metal e restos de texidos como o coiro, que se conservaron entre os sedimentos do Lérez e apareceron agora na excavación.
Redacción Salnés









