RIANXO> A Conselleira de Promoción do Emprego visitou esta mañá ós alumnos do Obradoiro Dual de Emprego Pazo de Rianxiño que veñen de finalizar a súa formación en xardinería. Nos próximos meses dará comezo unha nova acción formativa, financiada tamén pola Xunta, en materia de xestión forestal.
Durante 12 meses, os alumnos do obradoiro de emprego Pazo de Rianxiño formáronse en instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes. Ademais de obter os certificados de capacitación profesional que permitirán iniciar unha busca activa de traballo, os alumnos realizaron diversas intervencións da contorna do pazo permitindo a recuperación desta gran zona verde para disfrute dos rianxeiros.
O alcalde, Julián Bustelo,quixo agradecer a aposta da Xunta pola formación en Rianxo non só a través deste obradoiro senón do recentemente concedido ‘Monte Noso’ de repoboacións forestais e tratamentos silvícolas e actividades auxiliares de conservación de montes.Inserto
O novo obradoiro, que dará comezo antes de que remate o ano, está dotado tamén con preto de 400 mil euros e consta de 15 prazas.