Sanxenxo continúa aumentando a súa ocupación en verán

    praiasanxenxo_100_040907_002.jpgSANXENXO > A pesares da meteoroloxía, a ocupación turística aumentou este verán con respecto ó ano pasado e incluso ó 2005.

    Segundo o Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo, o CETS, o municipio é un destino turístico máis que consolidado. Este mes tivo un ascenso na ocupación total con respecto ó mesmo mes do ano pasado, no que afectaran moito os incendios. Pero tamén foi maior que en 2005, un dos mellores anos, o que é moi ben valorado polo sector.

    Tamén o Concello de Sanxenxo considera que este municipio está plenamente consolidado. Ó longo do pasado mes consumíronse 330.600 metros cúbicos de auga potable, o que supón un aumento de case dous mil metros cúbicos con respecto a agosto de 2006. En canto ó lixo, os datos da empresa concesionaria apuntan a unha suba 28 mil quilos con respecto ó ano pasado. Ademais tamén aumentou a recollida de cartón, papel industrial, cristal e envases.

    En canto ás oficinas de turismo, o pasado mes pasaron por elas máis de 32 mil persoas, a maioría de Madrid, seguidos de preto por Castela León, País Vasco, Cataluña e Portugal. Por outra banda o parking de Nauta Sanxenxo, ubicado no Porto Deportivo Juan Carlos I, rexistrou en agosto 34.019 entradas de vehículos que permaneceron de media nestas instalacións dúas horas e 45 minutos. Así, a recadación acadou os 113.000 euros, 16.400 euros máis que en agosto do ano pasado. E no porto deportivo Juan Carlos I houbo 320 tránsitos dos que 219 eran de bandeira española, 29 portuguesa, 27 francesa e 25 británica. O resto tiñan bandeira doutros países como Alemana, Holanda, Noruega ou Polonia.

    Redacción Salnés