A festa ‘Volta ó cole’ celebrarase o venres na Praza de Galicia

    festa_voltacole_100_050907_-_still_001.jpgVILAGARCÍA > A Asociación de Comerciantes Zona Aberta volverá celebrar unha festa para os máis cativos antes da volta ó cole.

    Os máis pequenos poderán disfrutar o vindeiro venres dende as catro e media da tarde ate as oito e media da festa do volta ó cole feita pola asociación de Comerciantes de Zona Aberta en colaboración coa concellería de Xuventude de Vilagarcía e con Caixa Galicia. Esta é a segunda edición deste acto no que cativos de entre 2 e 13 anos poderán xogar en cinco inchables que se colocarán na Praza de Galicia. Os xogos estarán diferenciados por grupos de idades, vixiados por monitores e cercados para garantir a seguridade dos máis cativos.

    Esta iniciativa tenta dar os nenos a oportunidade de divertirse antes de que comecen o curso escolar o vindeiro día 12. Os xogos serán totalmente gratuítos e estarán abertos a tódolos rapaces que se acheguen o venres dende as 16:30 ás 20:30 horas ate a Praza de Galicia.

    Redacción Salnés