A Deputación de Pontevedra e o Concello de Sanxenxo humanizarán o entorno do colexio de Portonovo

SANXENXO> A deputación de Pontevedra e o concello de Sanxenxo mellorarán a mobilidade peonil no centro de Portonovo. Con este proxecto de humanización reformarán a contorna do colexio, do mercado municipal e do parque do Espiñeiro. O orzamento da intervención supera os 800 mil euros.

A deputación de Pontevedra e o Concello de Sanxenxo mellorarán a seguridade viaria na vila de Portonovo. Ambas administracións a través do plan Deporesme desenvolverán un proxecto para mellorar o entorno do colexio, do mercado de abastos e do parque do Espiñeiro.

Con esta intervención tamén se mellorarán as instalacións, o mobiliario urbano e os sistemas de abastecemento e saneamento da zona. A presidenta da deputación sinala que con este proxecto devólveselle á cidadanía o espazo roubado polos vehículos.

O proxecto está orzado en máis de 800 mil euros. segundo o alcalde de Sanxenxo, esta obra mellorará a vida dos veciños de Portonovo pero tamén de toda a comarca, xa que é unha zona moi visitada.

O convenio será firmarase ao longo desta semana para que o proxecto entre na etapa de licitación. Ambas administracións xa anunciaron que continuarán colaborando en máis proxectos na vila.