![]()
CAMBADOS> A traxectoria profesional do xuíz Garzón na Arousa segue sendo recordada a día de hoxe por actuacións…
{flowplayer}images/salnes/maria_garzon_cambados.flv{/flowplayer}
… tan mediáticas como foi a operación Nécora. Son recordos como estes os que trouxeron ata a capital do Albariño onte á filla do xuíz, María Garzón, ó Auditorio da Xuventude para presentar o seu libro “Suprema Injusticia: Toda la Verdad Sobre el Final del Juez Garzón”.
Unha obra na que María, respaldada pola Editorial Planeta, conta as vivencias dos eidos públicos e privados do seu proxenitor, comezando precisamente polo capítulo máis polémico: cando Garzón pai é inhabilitado para exercer como xuíz durante once anos.
Baixo unha linguaxe sinxela e unha narración non lineal ó longo de seis capítulos, a filla do xuíz xustifica a traxectoria do seu proxenitor en base ó seu elevado ideario da xustiza. Foi este complexo traballo ó que lles trouxo centos de infortunios a esta familia que pagou no seu seo con creces a parte das inxusta da xustiza; o peso de levar o apelido Garzón. Ata o punto en que se acostumaron a convivir con ameazas de morte diarias e ca compañía permanente de escoltas.
Neste sinxelo acto organizado polas librarías Ramón Cabanillas e Contos proxectouse un documental de Óscar Pardo no que se lembraron os momentos máis salientables da carreira profesional de Garzón; entre a que sobrancea a loita contra o narcotráfico nas Rías Baixas galegas.
Redacción Salnés









