Dimite o alcalde de Catoira antes do pleno da moción de censura

CATOIRA> Xiro inesperado na críse política do Concello de Catoira. Xan Castaño, do BNG, presenta a súa dimisión como alcalde, xusto antes da celebración do pleno da moción de censura contra el, presentada polo PSdeG e Partido Popular.

O xa exalcalde asegura que a súa renuncia busca facilitar as negociacións cos socialistas, para que a localidade continúe gobernada pola esquerda. “Non quero entorpecer nin se un obstáculo”, indicou nacionalista, que explica que a súa renuncia busca que a localidade teña un goberno progresista e nacionalista “como desexan a maioría dos catoirenses”.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí