![]()
SANTIAGO> A Proposición non de Lei presentada polos populares no Parlamento non contou co respaldo de PSOE e BNG, que se abstiveron na votación.
{flowplayer}images/salnes/200509_penas_trafico.flv{/flowplayer}
A Asociación de Amigos de Manuel Abalo viron onte recompensadas as súas demandas. O Partido Popular aprobou en solitario a Proposición non de Lei presentada pola súa deputada Marta Rodríguez para endurecer as penas nos casos de condución temeraria con resultado de morte, denegación do deber de socorro e ocultación de probas. Estas foron as circunstancias que rodearon hai un ano a morte de Manuel Abalo, atropelado nun paso de peóns do casco urbano de Vilagarcía por un mozo que conducía a gran velocidade, de xeito temerario, e que, despois do accidente se deu á fuga. O responsable do accidente foi enviado ó cárcere sen fianza, pero logo dunha apelación da súa avogada, o mozo foi posto en liberdade baixo fianza.
A Proposición non de Lei elaborada polo PP saíu adiante unicamente cos votos a favor do seu grupo parlamentario. Partido Socialista e BNG decidiron absterse. Segundo a deputada nacionalista Tereixa Paz, a solución a este tipo de situacións non pasa por endurecer o código penal. O BNG considera que o que se debería facer é reformar a oficina xudicial e mellorar a Administración de Xustiza para facer un seguimento máis eficaz de quen comete este tipo de delitos. Para iso, Tereixa Paz defendeu unha enmenda que non foi tida en conta polo Pleno da Cámara.
Redacción Salnés









