![]()
RIBEIRA > Un mariñeiro de orixe peruano desapareceu a pasada noite ó norte de Corrubedo, en Ribeira, mentres faenaba a bordo do pesqueiro Seixo III, con base en Cambados. Durante toda a xornada, os servizos de salvamento inspeccionaron as inmediacións do cabo de Corrubedo, en Ribeira, e a zona de Río Sieira, en Porto do Son, na busca do corpo do mariñeiro desaparecido durante a pasada noite mentres faenaba a bordo dun pesqueiro.
Os feitos aconteceron arredor das doce da noite cando o mariñeiro peruano Rigoberto Quesada Barras, tripulante do Seixo III con base en Cambados, caeu ó mar mentres botaba o aparello.
Nas tarefas de busca, que tiveron que ser interrompidas coa chegada da noite, interviñeron diversas embarcacións, o helicóptero de salvamento Helimer e os buzos da Garda Civil. Así mesmo, púxose en marcha un dispositivo por terra corrdinado polos voluntarios de Protección Civil.
A pesar do bo tempo e do estado da mar en calma a busca foi infrutuosa ata o momento polo que os servizos de salvamento continuarán coa inspección da zona nos próximos días.
Redacción Barbanza









