A explosión dun artefacto de fabricación caseira atemoriza ó centro de Boiro

    explosionboiro_100_191007.jpgBOIRO > Os veciños da rúa Robustiano Pérez del Río sufriron este venres un bo susto coa explosión dun artefacto de fabricación caseira.

    A explosión produciuse debaixo dun coche, onde quedaron os restos do artefacto. O gran estoupido que ocasionou, fixo que moitos veciños e curiosos se achegaran a ver o que pasara. Incluso as clientas dunha perruquería sita na segunda planta dun edificio da rúa Robustiano Pérez del Río sairon asustadas á rúa a ver o que acontecera.

    Falcatruada infantil

    Finalmente, moito ruido e poucas noces, todos os indicios sinalan que se trata dunha falcatruada infantil.

    Efectivos da Garda Civil, Policía Municipal e do parque comarcal de bombeiros personaronse no lugar do suceso para comprobar o artefacto explosivo. Afortunadamente non houbo que lamentar danos persoais nin materiais.

    Redacción Barbanza