Compras de última hora para San Valentín

    VILAGARCIA> Atención os namorados e namoradas, porque mañá é San Valentín, e senón teñen regalo, aínda están a tempo de mercalo. Na rúa, como sempre, opinións para todos os gustos, e canto a como celebrar tan sinalada data. 

     

    San Valentín fará das súas este martes. Todos os namorados e namoradas teñen cada 14 de febreiro, o seu dia especial, para demostrar, un pouco máis si cabe, o namorados que están das súas parellas. 

    Pero tamén hai quen cree que esta celebración ten máis que ver coa idade que co amor en si mesmo. 

    Idade e amor a parte, quixemos coñecer cales son as principais preferencias para facer un regalo nestas datas, e dende os comerciantes de Vilagarcía, sinalaron que sen dúbida o sector téxtil, é o que máis éxito acada en San Valentín. 

    Para os que se queixan de non ter cartos para gastar nestas datas, recordarlles que a Asociación de Comerciantes de Vilagarcía, Zona Aberta, está a sortear un vale de 200 euros, a dedicatoria curta de amor, no seu facebook, máis orixinal. 

    E si non é cuestión de idade, de amor ou de cartos… será que…

    O que é indiscutible a estas alturas, é que a pesar da crise, dos malos momentos, e do mal tempo o amor debería ser algo a celebrar os 365 días do ano. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/13/san_valentin_compras_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/13/san_valentin_compras.mp4{/flowplayer}

     

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí