Morre en Carracedo unha moza de 32 anos nun choque cun camión

    accidentecarracedo_100_110907_-_still_001.jpgCALDAS > De novo temos que falar de mortos nas estradas. Nesta ocasión foi en Carracedo, onde esta mañá falecía unha moza chamada Sandra.

    Ocorreu ás 11 e cuarto da mañá neste cruce na N-550 á altura de Carracedo, en Caldas. A moza, Sandra C. L. ía nun ciclomotor Piaggio cando tratou de adiantar no carril central que dá acceso á zona de Cope a varias caravanas que esperaban o paso dun camión que viña de frente. Así o contaba no lugar dos feitos, moi accidentecarracedo_300_110907_-_still_002.jpgnervosa, a muller que ía no camión xunto co conductor, un veciño de Vilanova de 49 anos que saiu ileso. Sandra adiantou ás caravanas coa intención de cruza-lo carril contrario e meterse pola estrada que levaba á zona de Cope cando bateu de fronte contra o camión perdendo a vida no acto.

    Dase a circunstancia de que vivía a uns metros deste cruce, polo que en cuestión de minutos chegaron os veciños que estaban realmente conmocionados polo sucedido. Ó parecer, e segundo testemuñas presenciais, a muller non levaba posto correctamente o casco, que se atopou a varios metros do corpo. Os servizos médicos certificaron a morte da muller no lugar do sinistro.

    Redacción Salnés