As motos, protagonistas da fin de semana en Arousa

    concentracionmototuristica_100_110907_-_still_003.jpgSALNÉS > En Sanxenxo tivo lugar a Concentración Mototurística Internacional Rías Baixas e en Catoira o primeiro Supercross Concello de Catoira.

    Abel Bernárdez Carro proclamouse vencedor do Campionato Galego de Supercross Concello de Catoira que por primeira vez se disputou no circuito de Abalo, ó que acudiron centos de afeccionados. Bernárdez foi quen mellor soubo combinar velocidade e destreza impoñéndose na categoría raíña, na que o vilagarcián do Team RC Marcelino Baloiras quedou terceiro. Segundo foi Miguel Méndez, tamén do RC.

    motocross_300_110907_-_still_001.jpgEn juniors a victoria foi para Héctor Iglesias de Moto Pasión, que se impuxo a Manuel Pérez do Saltamontes e a José Antonio Carballo do RC. En Promoción quedou segundo o piloto local do Moto Club Abalo, Luis Millán del Oro, sendo por tanto, subcampión galego mentres que o trunfo foi para Miguel Brey do Strada. E Rafael Rodríguez venceu na categoría de veteráns, na que foi segundo Juan Gondar Vidal, do Salnés Rácing. En xuvenís victoria de Ángel Suárez, de Moto Pasión, en cadetes venceu Ismael Veiga do Maceira Sport e en alevíns Rubén Fernández do Rodamoto.

    Concentración Mototurística

    E en Sanxenxo máis de 6 mil persoas participaron na Concentración Moto Turística Internacional Rías Baixas. Unha cita xa habitual neste municipio pero que cada ano deixa coa boca aberta a máis afeccionados e curiosos. E é que nesta ocasión puidemos ver auténticas piruetas motorizadas e unha exhibición de Ricardo Domingos que sorprendeu incluso ós máis aventureiros.

    Redacción Salnés