O cupón da Once estará adicado o xoves 13 a Sanxenxo

    cupononcesanxenxo_100_110907.jpgSANXENXO > O cupón da Once que se venderá o vindeiro xoves, día 13, estará adicado ó municipio de Sanxenxo.

    Así, a emblemática lotería da Organización Nacional de Cegos Españois estará ilustrada ese día cunha fotografía do Porto Deportivo Juan Carlos I de Sanxenxo e incluirá así mesmo outros datos de interese sobre este concello, como a súa poboación e extensión xeográfica, ademais da súa localización no mapa español.

    Este é sen dúbida un xeito máis de fomenta-la promoción turística deste municipio ó longo de toda a xeografía española, ‘xa que o cupón da Once chega a tódolos pobos do noso país’, explicou o portavoz do equipo de goberno, Anxo Casal, quen aproveitou a ocasión para ensalzar a labor social que cumpre esta lotería á vez que proporciona unha actividade laboral a moitos dos afiliados desta asociación.

    Redacción Salnés