A party line Galaecia.net inaugurouse hoxe e estará aberta ate o domingo

    ordenadorchico_100_140907_001.jpgVILAGARCÍA > No pavillón da rúa Castelao de Vilagarcía danse cita dende hoxe tódolos  afeccionados á informática da comarca.

    Alí levase a cabo e party line Galaecia.net que abriu hoxe as súas portas e que se alongará ate o domingo. Coma cada ano a asociación ‘Sociedade de Internautas Libres’ organiza esta party line na que ademais de xogos de ordenador e videoconsolas, danse conferencias e talleres.

    Este ano os asistentes poderán aprender a construír un joystick caseiro ou asistir a charlas sobre Linux, Php ou sobre os novos productos da empresa de seguridade en internet ‘Bitdefender’ que serán presentados o domingo.

    Para os nostálxicos, na zona de xogos instaláronse diferentes consolas que recollen xogos míticos coma o pang ou o tetrix. O pavillón constitúe un espacio con capacidade para 100 persoas e presenta unha boa oportunidade para aprender e pasalo o mellor posible. Para os que queiran manterse ó pé do canón os tres días, no pavillón tamén se habilitaron tendas de campaña para que quen queira poida descansar.

    Galaecia.net comezou este mediodía e durará ate o domingo. Coma cada ano a asociación SIL venderá rifas e sortearanse varios regalos coma unha Nintendo Wii ou un navegador GPS para o coche.

    Redacción Salnés