VILAGARCÍA > A agrupación municipal Independentes por Vilagarcía pide que se axilicen os trámites …
…para que os técnicos municipais estudien o anteproxecto proposto polos independentes para a reurbanización e mellora dos servizos na praza de San Roque. IVIL solicita que se someta a pleno o proxecto canto antes. Entre as novidades que propoñen para a nova praza está a elaboración duna escultura que recolla a esencia do pobo vilagarciá.
Unha proposta que xa fora presentada polos independentes a través dunha moción no 2003 e que nunca tivo unha resposta concluinte por parte do grupo de goberno naquel entón. No 2005 procedeuse a redacción do anteproxecto que recollía as melloras de servizos na praza que só podían materializarse coa retirada da gasolineira existente a outro emprazamento. Este traslado xa fora aprobado polo pleno municipal naqueles intres.
Agora IVIL pide que se axilicen os tramites para levar a pleno ese anteproxecto coa fin de ser aprobado e así poder redactar o proxecto de execución final. Os dous obxectivos cos que os independentes queren levar ó cabo esta iniciativa pasan por mellora-los á vila, conseguir unha estética máis atractiva e regula-la circulación do tráfico rodado.
Unha das novidades que presenta o anteproxecto é a realización dunha escultura de dous delfíns no medio da praza que simbolice a vinculación dos vilagarciás co mar.
Redacción Salnés