A ‘Anjoca World Cup’ comeza mañá con probas de tipo Barlovento-Sotavento

barco_maltesers_100_180907_-_still_001.jpgSANXENXO> O Real Cub Naútico de Sanxenxo acolle dende hoxe e ate o vindeiro domingo a Anjoca World Cup. Unha competición

… na que 36 embarcacións procedentes do norte de Europa, do Mediterráneo, da cornixa Atlántica e do continente americano tentarán acadar o título de campión do mundo de IMS 670 deste ano.

O ritmo do peirao de Sanxenxo era hoxe frenético. Os participantes do Campionato do Mundo de IMS 670 que comeza mañá formalizaban esta tarde as inscricións. Dende hoxe e ate este domingo día 23, 36 equipos de varios países compostos por tripulación a bordo e de terra encherán as rúas de Sanxenxo. No concello poderanse ver moitas caras coñecidas como o campión do mundo e actual campión de España da clase IMS 670, Jose María Van der Proeg ou os actuais campións do mundo de Tornado, Fernando Echávarri e Antón Paz.

Unha das novidades desta edición é o barco que esponsoriza a marca de chocolate ‘Maltesers’ xa que é o único que conta cunha tripulación exclusivamente feminina. Nove mulleres, de entre 23 e 32 anos, que teñen como reto superar o noveno posto que conseguiron na pasada Copa do Rei de Vela. A viguesa, Margarita Cameselle, de 29 anos será a patroa do equipo ‘Maltesers’ e estará acompañada polas súas oito compañeiras das cales catro son tamén galegas.

O campionato do mundo de IMS 670 comezará mañá a partires da unha e media da tarde coas probas de formato Barlovento-Sotavento no campo de regatas Alfa, nas inmediacións da praia da Lanzada. O xoves levarase a cabo unha regata costeira que finalizará na madrugada do venres e o sábado e o domingo volverán a realizarse probas de tipo Barlovento-Sotavento. Nestas descubrirase cal dos 36 equipos gaña a Anjoca World Cup deste ano e se proclama así o Campión do Mundo de IMS 670 de 2007.

Redacción Salnés