A revolución será o tema protagonista da XX edición do Salón

Pontevedra> O concello e a Asociación Galega de Literatura Infantil e Xuvenil presentaron nesta xornada o II Premio Internacional de Ilustración do Salón do libro. Unha cita que este ano cumpre 20 edición e que se celebrará do 22 de marzo ao 12 de abril. A revolución será o tema protagonista desta nova entrega do Salón.

A concelleira de Educación e o director da Asociación Galega de Literatura Infantil e Xuvenil presentaron nesta xornada o II Premio Internacional de Ilustración do que sairá a imaxe do cartel da vixésima edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil.  O prazo para presentarse os traballos ao concurso ábrese hoxe e estenderase ata o 10 de outubro. O tema ao que estará adicado esta 20 edición será a revolución.

Unha vixésima edición do Salón que se desenvolverá no Pazo da Cultura do 22 de marzo ao 12 de abril e que nesta ocasión non contará con país convidado, a convidada nesta ocasión serán os países e comunidades lusófonos.

Para a celebración desta vixésima edición o concello xa conta coa colaboración de institucións como o Instituto Camoés ou a Embaixada de Brasil co fin de avanzar nos preparativos, e xa ten contactado con autores e autoras de Portugal, Brasil, Cabo Verde, Angola co fin de contruír un programa que dea conta da variedade e riqueza da Literatura Infantil e Xuvenil.