PORTO DO SON > O corpo sen vida de Rigoberto Quezada, o mariñeiro do Seixo III con base en Cambados, foi localizado na entrada da ría de Muros, á altura da zona de Basoñas. O cadáver foi visto pola tripulación do pesqueiro Romina Segundo, de base en Portosín, cando se atopaba faenando pola zona.
Os tripulantes deron aviso a Salvamento Marítimo que mobilizou a súa embarcación ‘Regulus’ para trasladar o corpo. Unha vez que o corpo chegou a Porto do Son foi entregado á Garda Civil, que o trasladou ata Santiago para que lle sexa practicada a autopsia.
A tripulación do Romina Segundo recoñeceu o corpo de Rigoberto Quezada pola súa vestimenta, roupa de augas amarela e pantalón azul. Esta información foi facilitada cando comezaran os labores de búsqueda.
O Romina Segundo deu o aviso do achádego do cadaver ás nove e doce minutos da mañá e pouco despois xa estaba alí o barco de Salvamento Marítimo, que trasladou o corpo de Rigoberto Quezada Barras ata o porto.
O mariñeiro peruano desaparecera o pasado cinco de setembro ó caer do pesqueiro Seixo 3, cando faenaba en augas próximas á zona de Corrubedo. Durante varios días, helicópteros, embarcacións pesqueiras e de salvamento e buzos da Garda Civil buscaron infructuosamente os restos do mariñeiro desaparecido, pero sen resultado, polo que os labores de búsqueda foran suspendidos.
Redacción Barbanza