Falece un home en Ribeira ó caer ó mar o vehículo que conducía

    accidentetouro_100_200907.jpgRIBEIRA > Tráxica a xornada vivida onte nas estradas galegas, onde perderon a vida un total de cinco persoas. Un dos accidentes rexistrouse en Ribeira.

    Os feitos aconteceron arredor das once da noite do mércores, na zona do Touro, nas inmediacións do porto de Ribeira. Os veciños da zona de Pedra Pateira deron o aviso ós servizos de emerxencia ó observar como un Renault Clío, con placas de matrícula C – 8307 – BS, se precipitaba ó mar trar saírse da estrada ó tomar unha curva.

    A vítima, Xosé García Castro, de 43 anos e veciño de Palmeira, faleceu no acto. Ata o lugar desprazáronse efectivos de Protección Civil, Policía Local, e bombeiros de Ribeira que procederon á excarceración do cadáver, que se atopaba atrapado no interior do coche e posterior retirada do vehículo.

    Redacción Barbanza