Máis 2.200 persoas disfrutaron da Festa do Lacón con Grelos

    lacon100.jpgCUNTIS> A alerta por temporal non restou nin un ápice de protagonismo á décimo terceira edición da Festa do Lacón.

    {flowplayer}images/salnes/LACON_CUNTIS.flv{/flowplayer}

    Nin o vento nin a chuvia puideron empañar a festa grande de Cuntis. A boa mesa atraeu a miles de comensais á vila termal. Os afeccionados á boa gastronomía, puideron comprobar, dende primeira hora, ás filloeiras elaborando este doce ó estilo tradicional.

     Xa nas horas do almorzo, a maioría sentouse na mesa para dar boa conta do típico prato da gastronomía galega. O lacón, serviuse acompañado de grelos e de filloas, nun xantar que tivo lugar na praza da Constitución baixo unha carpa. As cifras falan de que máis de 2.200 persoas pasaron polos distintos stands para degustar o lacón con grelos.

    Ademais de degustar a saborosa gastronomía do Entroido, os asistentes á festa, puideron contemplar motos Vespa e Lambretta dos anos cincuenta, no marco do programa Vespalacón, á que acudiron máis de duascentas motocicletas e algo máis de unha treintena de furgonetas Camper.

    Tampouco faltou a mostra da camelia . Máis de 100 metros de exposición onde se podían ver as distintas variedades desta flor e á que asistiu unha asociación asturiana.

    Os asistentes á festa do lacón, tamén puideron desfrutar dos distintos stands de artesanía e da Mostra do Entroido Tradicional, que estea no, incluíu a posta en escena de Os Caretos de Podence, de Portugal.

     A concelleira de Cultura e Turismo, Belén Pazos, mostrouse moi satisfeita polo número de asistentes e asegurou que os expositores que acudiron á festa estaban moi contentos coas ventas realizadas durante a xornada.

    Púxose así punto e final ó Entroido de Cuntis, cun brindes con viño do país e esperar á Festa do Lacón do ano que ven que podería ser denominada con Festa de Interese Turístico.

    Redacción Salnés