A proposta dos populares de construír un novo hospital en Pontevedra foi rexeitada

    PONTEVEDRA> O pleno extraordinario celebrado esta mañá en Pontevedra tiña como único tema a tratar a proposta dos populares de construír un novo hospital en vez de levar a cabo unha ampliación de Montecelo. Finalmente este proxecto foi rexeitado por votación despois dunha longa sesión chea de incidentes.

    pleno_300_210907_-_still_003.jpgA sesión plenaria de hoxe rematou cunha persecución de medio centenar de manifestantes ós políticos da corporación municipal dende o teatro principal ate a casa consistorial. Durante o traxecto os políticos tiveron que escoitar como os acusaban de mentireiros. Os mesmos manifestantes, pertencentes á Asociación de Veciños Montecelo-Mourente, asistiron á sesión plenaria cargados de carteis reivindicativos nos que se podía ler ‘Pontevedra quere un hospital equiparable ó resto das provincias galegas’.

    O pleno comezou ás 12 do mediodía e tiña como único punto do día a votación da proposta popular de construír un novo hospital na cidade en vez de ampliar as instalacións de Montecelo.Ante esta proposta popular, Teresa Casal, voceira do partido socialista, afirmou que esta era desmesurada e acusou a Telmo Martín de mentireiro. Casal declarou que as afirmacións do presidente dos populares de que esta obra custaría menos ou igual que a ampliación do centro hospitalario de Montecelo non eran realistas.pleno_telmo_200_210907_-_still_006.jpg

    Telmo defendeuse das acusacións de mentireiro afirmando que el non minte, senón que é moi ambicioso e acusou á corporación municipal de ser demasiado conformista.

    Finalmente e despois dunha hora de acusacións verbais entre os partidos socialista e popular, votouse a proposta do PP de construír un novo hospital. Nembargantes ante os trece votos en contra, ningunha abstención e doce a favor, a proposta foi rexeitada.

    Redacción Salnés