O concello de Boiro conclúe as medicións de fincas en Cabo de Cruz

    xoanleon_100_210907.jpgBOIRO > O edil de Urbanismo de Boiro, Xoán León, informou da conclusión das medicións nos terreos afectados polo Plan Parcial de Cabo de Cruz.

    A pesar da polémica existente en Cabo de Cruz por este plan parcial que afecta aproximadamente a uns 250 propietarios, o edil de Urbanismo amosouse satisfeito coa colaboración veciñal no proceso de medición e identificación das fincas.

    planparcialcabo_200_210907.jpgUnha vez realizado este trámite o seguinte paso será a análise dos datos por parte da empresa Petra, encargada do proxecto, así como o cálculo total da superficie e o diseño dos correspondentes planos das novas parcelas.

    Plan Parcial de Barraña

    Xoán León referiuse tamén a outro proceso que está a levar a cabo actualmente o executivo boirés como é o Plan Parcial de Barraña. O edil de Urbanismo informou de que o vindeiro luns a empresa Toponor, que é a que leva a cabo este Plan, volverá a retoma-los traballos de identificación das parcelas afectadas debido ós problemas existentes para dar co nome dalgúns dos seus propietarios.

    Por outra banda Xoán León tamén dou a coñecer que o executivo está a manter contactos, dende hai un mes aproximadamente, cos propietarios de terreos na zona da Pedreira, zona na que o concello pretende reubicar á empresa Eroski despois do acordo acadado polo pazo de Goiáns. Xoán León amosóuse satisfeito cos resultados destes primeiros encontros nos que se lles está a dar ós veciños toda a información ó respecto. 

    A realización deste Plan na Pedreira estará moi ligado a outro proxecto, como é a recuperación medioambiental do río Breiro que afectaría á práctica totalidade do cauce dende a zona de Carrofeito ata a súa desembocadura en Barraña. Antes de executar este proceso o executivo deberá realizar unha modificación puntual, xa que os terreos afectados son de protección agrícola.

    Redacción Barbanza