BOIRO> O PP de Boiro pon en marcha unha campaña para denunciar a suba do IBI urbano por parte do concello. Repartirán folletos informativos entre a veciñanza informando do incremento deste imposto nun 25 por cento.
O PP de Boiro anima á cidadanía a levantar a voz contra o que cualifican de abuso impositivo. Veñen de poñer en marcha unha campaña de denuncia trala suba do IBI urbano que experimentou neste exercicio un incremento do 25 por cento.
Denuncian os populares que a suba de impostos non se ve repercutida nunha mellora dos servizos. Todo o contrario posto que insisten na perda de calidade de servizos básicos e no deterioro das infraestruturas.
Nas próximas semanas realizarán o reparto de dípticos informativos por tódalas parroquias, tanto porta a porta como en lugares con gran afluencia de persoas como o mercado dos martes.











