Porto do Son e Ribeira compartirán a segunda edición do Summer Camp Vero Boquete

    PORTO DO SON> Porto do Son acollerá a segunda edición do Summer Camp de Fútbol Vero Boquete. Será entre o vinte e seis de xuño e o un de xullo. Ademais da sesións prácticas e teóricas de fútbol haberá actividades de lecer relacionadas cos deportes náuticos. O éxito da pasada edición animou á escola de fútbol de Vero Boquete a darlle continuidade ó Summer Camp de Porto do Son, desta volta compartindo sede con Ribeira. O obxectivo é alcanzar ou mesmo superar o número de participantes da pasada edición con oitenta inscritos, nos que destacou a presenza feminina. Haberá dúas modalidades. Unha exclusivamente para o campus de fútbol e outra que inclúe o aloxamento en camping e actividades náuticas en colaboración cos clubs locais. Polas noites tamén se desenvolverán actividades de tempo libre e talleres participativos no campamento. O prazo de inscrición continuará aberto toda a semana. Pode realizarse a través da web da escola escola.veroboquete.com. O prezo será de 150 para externos e 350 para internos, con descontos de trinta euros para empadroados en Porto do Son e Ribeira e membros da escola de tecnificación de Vero Boquete. Esta non é a única iniciativa que está a desenvolver esta escola de fútbol que organizará o primeiro torneo feminino de fútbol Vero Boquete que terá lugar entre o un e o dous de xullo en Porto do Son.